FOGAFOGA
       
       
Carballeira FOGA  

A súa vitrina interactiva

A visibilidade do produto é un requisito indispensable para que calquera intercambio de natureza comercial. Fabricantes, distribuidores e comercios retallistas comparten a necesidade de que os seus clientes potenciais teñan acceso aos seus catálogos de maneira áxil, tanto nas súas instalacións como, se é posible, a través de internet.

FOGA combina, nas súas solucións de marketing, produtos e servizos cos que pode crear tanto instalacións de catálogos e cartelería dixitais, que permiten a difusión de contidos publicitarios en tenda, como webs personalizadas de venda online. O obxectivo último é facilitar a promocións dos produtos dos nosos clientes potenciando, incluso, vendas efectivas de maneira remota, segura e eficaz.

Ademais, as nosas alianzas con fabricantes líderes da innovación tecnolóxica permiten aos clientes de FOGA adiantarse ao futuro da comunicación comercial. A luxosa e novidosa aparencia das pantallas transparentes Samsung para escaparates e vitrinas destaca todo tipo de produtos, axudando de maneira decisiva a incrementar as vendas e potenciar a imaxe de marca dos seus usuarios.

Os nosos servizos e equipamentos de comunicación e marketing permiten que os clientes obteñan o maior rendemento da súa outra xoia, a comunicación.

       
© FOGA Todos los derechos reservados.Condiciones de uso |Política de privacidad
Síguenos en:RSSLINKEDINTWITTERFACEBOOK